MODALIDADES DO CONCURSO

  • Categorías machos:
  • Cachorro.- ata 1 ano

    Xove.- de 1 – 2 anos

    Adulto.- de 2 anos en adiante

  • Categorías femias:
  • Cachorro.- ata 1 ano

    Xove.- de 1 – 2 anos

    Adulto.- de 2 anos en adiante

  • Camadas:
  • Os exemplares que opten a premio nesta categoría non poden concursar nas anteriores

NORMATIVA


Os membros do xurado non poderán presentar ningún animal ó concurso.

O xurado poderá declarar desertos aqueles premios nos que considere que os participantes non se axustan ás condicións debidas.

A organización da Mostra non se responsabiliza nin se fai partícipe do veredicto final do xurado, sendo as súas decisións irrevocables.

Á entrada do recinto os animais deben ir co seu correspondente bozal e dirixirse ós lugares que a organización lles indique.

Os donos son os responsables do comportamento dos seus animais.

Segundo a normativa vixente, é preceptivo para tódolos exemplares a exhibición da súa correspondente cartilla ou documento sanitario de acompañamento.

PREMIOS

Machos adultos.- 120 € + trofeo
Machos xoves.- 90 € +trofeo
Machos cachorros.- 60 € + trofeo
Femias adultas.- 120 € + trofeo
Femias xoves.- 90 € + trofeo
Femias cachorros.- 60 € + trofeo
Premio á mellor camada.- 60 € + trofeo

Benvidos a Paderne